artistas participantes


DIA 19 DE XULLO


DIA 20 DE XULLO
 




DIA 21 DE XULLO






BIOGRAFÍAS DOS ARTISTAS

CARLOTA PEREZ E JULIO CESAR IGLESIAS
( Carlota Pérez é unha compañía de danza contemporánea que nace en A Coruña no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Pérez. Durante a  súa traxectoria produciron 6 espectáculos.Podemos destacar: A escondidas Gañador do 1º premio del encuentro de nuevos creadores de Povoa do Varzim. Meltemi gañador do 1º premio do certamen coreográfico de Madrid, 2º do de Galicia e unha residencia en Montemoronovo, Arte a escena danza y arte para nenos coproducido polo CCG e Corpo-son-creación .Outros proxectos: Arteandando, danza, videocreación e teatro. Ismos danza, arte de vanguardia, música e Arte en movemento inauguración da Mostra Fenosa e os solos de danza Tengo Prisa y Luz en el agujero. Durante a súa traxectoria a cía for programada en galiza, Barcelona, Madrid, Valencia, Sevilla, Povoa do Varzim, Oporto, Bruselas.
Julio César Iglesias Graduado en Cuba pola Escuela Nacional de Danza como bailarín e profesor de danza moderna e contemporánea.
Recibiu talleres con coreógrafos como Carolyn Carson, Kenneth Skvanstrom, Iñaki Azpilaga, Mats Ek, Juan Cruz de Jerano Esnaola, Juha Peka Marsalo, Tono, David Zambrano, Anastasia Lira, Samir Akika, Hofesh Shester, Yamine Hugonet, Charlota Ofverholm e Wim Vandekeybus.
Foi moi premiado como coreógrafo en diferentes eventos nacionais e participou en festivais de todo o mundo.

A ESCASOS MILÍMETROS  Do CEO
Dirección e interpretación
Julio Cesar Iglesias y Carlota Pérez

SINOPISE
Quédannos recordos e  ausencias, tempos de reposo, quédanos a nostalxia nun lugar onde reside a tenrura, quedan ocos que echen, ausentes da nada, esperan e na espera, aparece, como por arte de maxia  
 
 
Pisando ovos, compañía de danza contemporánea afincada en Oleiros, A
Coruña, desarroia o seu proxecto artístico desde o ano 2004 estreando até o
momento cinco pezas de longa duración.
Ademais dun espectáculo de rúa, unha peza para museo e unha para
público infantil, cos que participou en festivais nacionais e internacionais como:
Escena Contemporánea, En pé de pedra, TAC Valladolid, festival SAT
Barcelona, feria do Libro La Habana, MOV´S 08, Operaestate Festival Veneto
(Italia), Move Coruña, Circuito da Rede teatros alternativos…
Cun extracto de 15 min da sua segunda obra No intre 1800 a compañía
obten o primeiro premio no XXI Certamen Coreográfico de Madrid en
novembro 200
Patricia Varela Díaz

Licenciada en Danza pola Escola Superior de Dança de Lisboa e o Institut del Teatre de Barcelona e Postgraduada en "Expresión Artística e Danza" en INEF Coruña.
Dende o seu comezo na danza con 8 anos até a actualidade, recibe formación contínua en Danza Clásica e Contemporánea dunha gran variedade de  profesionais como Guillermina Coll, Ruth Silk, Vanda Nascimento, José Grave, Guilherme Díaz, Natalie Giménez, Lipi Hernández, Alexis Eupierre, Vitor Garcia, Peter Michael Dietz, Teresa Ranieri, Margarida Bettencour, Amelia Bentes, entre outros. Ao mesmo tempo, realiza workshops en diferentes cidades de España e Europa de Técnicas de Improvisación, Composición Instantánea, Repertorio,  Contac-Improvisación, Danza-Butoh, Breakdance, etc., con profesionais como Anton Lachky, Peter Jasko, Gustavo Ramírez, Chevi Muraday, Iñaki Azpillaga, Janusz Subicz, Benvido da Fonseca, Dominik Borucki, Hisako Horikawa, etc.
Como bailarina interpreta Headmetal  e de Teresa Ranieri (Lisboa), A Alegría das Rosas e Mater da Companhia Amalgama (Lisboa), Kiss de Tino Seghal (Vigo) e participa na  II Féria das Artes e Ciências de Estremoz (Portugal), na inaguración do Autódromo do Algarve e como modelo do proxecto fotográfico Contracciones (Barcelona).
Como coreógrafa crea os duetos Vaivenes (Barcelona), De Dos Da Dos (Barcelona) e, en  cocreación con Carolina Rocha, Como un tomate (Lisboa), e o solo Uma história nas minhas mãos, que interpreta en varias cidades de Portugal e da Holanda.
Ao mesmo tempo, ao largo destes anos desenrola o seu labor docente como profesora de Danza Clásica,  Danza Contemporánea, Danza Creativa e Danza en Familia, en varias cidades de España e Portugal.

Marta Alonso Tejada. Ourense 1983. Bailarina, coreógrafa e profesora de danza. Interesada pola creación escénica colectiva e multidisciplinar, entendida como proceso de intercambio e construcción entre artistas.
Titulada en ballet clásico pola Royal Academy of Dance fórmase en danza clásica e contemporánea con diferentes profesores en Galicia, Madrid, Bruselas. Estudia Máster en Artes Escénicas na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, Instituto da danza “Alicia Alonso” e forma parte do proxecto "Tour de Europa de Coreógrafos" que estáse a desenvolver en Centros Coreográficos de España, Francia, Polonia, Alemania e Irlanda

MACIEK SADO
Un bailarin, un performer. Dende hai 5 anos se forma en danza contemporanea en MTT, Wroclaw. Bailou en ¨Padlina¨ dirixido por Jacek Gebura, “El perro” de Rodrigo García para o Festival premio Europa. “Mecánica de saltos (corpo)” de Begoña Cuquejo e Marta Alonso.Dende o 2010, imparte a danza contemporaneo en Akademia Ruchu en Wrocaw onde debuta como director ¨El pobre hombre rociado de leche¨.
En 2009 vive en Santiago de Compostela aprendendo baixo a docencia de: Ana Buitrago, Begoña Cuquejo, Marta Alonso, Armando Marten, Ana Beatriz Pérez, Eduardo Castro, Cristina Montero. E participou en workshops de: Merce Cunningham Dance Company, Carolyn Dorfman, Werner Bechter, Stephanie Maher Dawid Lorenc, Jacek Owczarek, Iwona Olszowska, Witold Jurewicza, Leszek Bzdyl, Marysia Stokolosa, Katarzyna Chmielewska, Maria Grudskaya
Colabora-integrante da cia.“Transpediante”. 
Próximos  proxectos “Myślnik” e ¨To-que¨.

La Compañía:
                Lusco e Fusco, xorde no ano 2009, da Unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego. Fredi Muíño: Circanelo; e Pablo Reboleiro: Trasno. Os dous teñen formación en circo, teatro físico, danza, e unha experienza laboral baseada no contacto e comunicación directas co  público con personaxes que parten da fisicalidade do corpo.
                A súa búsqueda céntrase na creación de novos códigos de expresión no campo do teatro de movimento.

“Circo-teatro para bailarines, danza-circo para actores, teatro-danza para cirqueros... paiasos para todos os públicos”

"Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica que nace do encontro de dúas persoas,. Tócanse, úlense, séntense e comezan o seu camiñar, xuntos."

Equipo Artístico
Idea Original: Pablo Reboleiro e Fredi Muíño
Intérpretes: Pablo Reboleiro e Fredi Muíño
Dirección: Pablo Sánchez
Coreógrafos: David Loira e Alexis Fernández “Maca”
Espacio Sonoro: Fran Pérez “NARF”
Iluminación: Alfonso Castro
Vestuario: Clotilde Vaello
Construcción: David del Rey “Fino”
Video: Marghe – Oroboro Films
Fotografía: Elisa Gianni
Diseño Gráfico: Isaac Piñeiro

                Contacto:
Pistacatro Productora de Soños S.L.
Tlf: +34 981937819
distribución@pistacatro.com

 
BEGOÑA CUQUEJO
Artista escénica orientada principalmente á danza. Máster en práctica escénica e cultura visual Universidade de Alcalá de Henares (tutores La Ribot, Cuqui Jerez, Jose Antonio Sánchez,…).
Licenciada en psicoloxía (especialidad terapia sistémica) e máster en hipnose clínica. Traballa en este ámbito paralelamente á escena dende o ano 2003 intentando que se retroalimenten ambas disciplinas.

Funda e dirixe  trasPediante xunto con Marta Alonso no ano 2008.
Colabora en proxectos de diversos artistas; Tino Seghal, Jurij Konjar,  Robert Witman, Mercé de Rande…
Como coreógrafa gaña o Premio Injuve 2010, e foi seleccionada no Certame Coreográfico de Madrid 2008.


http://habelas-traspediante.blogspot.com/


NIN1MM
unha acción poética-danza, traballada para un escaparate ou calquera espacio apropiado para cazar as frontes pegadas aos escaparates. unha peza qeu conflúe con Alicia de Carlos Oroza.

FICHA ARTÍSTICA
concepto e idea orixinal. begoña cuquejo
espacio sonoro. begoña cuquejo/ música orixinal. estevo creus
deseño de maquillaxe. paulina alonso.
texto. carlos oroza.
e se todo é una selva, por que falta?
non ou edicións é un proxecto alternativo de edición de . A difusión das súas propostas lévase a cabo mediante a transmisión directa de eventos (non) ou mediante contactos-boca. Participamos do movemento biolóxico á hora de xenerar ideas e da expontaneidade e o erro como productos idispensables para a creación de universos. Partimos da observación da natureza para estarmos esperanzados de que entre tanto kaos e tanto erro algún lugar precioso “apareza” ou pereza. cremos que no eido da creación un mal discurso pode facer que emerxa perceptivamente, ou como carne, aquelo do que carece. Isto é,( a carencia), o que moitas veces procuramos: solidificar ou facer emerxer no perceptor “os posibles que faltan".

membros "nonou"
estevo creus e david creus ou david creus e estevo creus son creadores multidisciplinares, con varios libros publicados (Xerais, C3, espiral maior;edicións do castro...) así como intervencións onde mesturan a música, o texto, o humor-ridiculista, a imaxe e o corpo en creación propia e sempre en procesos coxenerativos. Alguns dos seus traballo poden verse en nonouedicións.blogspot.com e www.myspace.nonoumusic.com. 
animal perdido é unha improvisación performativa na que ao traveso da música o texto e a danza indágase nas cuestións do desaparecer. É o animal o que se perde? ou son os lugares os que perden ao animal que o avale?. Pode existir un lugar sen o aceno que o signifique? onde está o aceno?en que dimensión? en que falta?. somos 1 ou somos a boca que arrastramos-mos?. Definitivamente "nin non deixar ver nin non ver deixar".
 NURIA SOTELO
Estudia danza clásica dos 7 ós 18 anos.
No transcurso dos seus estudios de veterinaria, entra en contacto coa danza contemporánea a través de Chevi Muraday e da Aula de Danza da Universidade de Santiago de Compostela.
Forma parte das Aulas de Teatro das Universidades de Santiago de Compostela e Ourense
Bailarina do Centro Coreográfico Galego e das compañías Experimentadanza, Caleac Teatro, Femme Fatale, Teatro Resoante e Elefante Elegante, ten participado tamén en proyectos de diversos artistas independentes: Coriolano de Jurij Konjar, Movementos en ruta de Carlota Pérez, O viaxeiro de Fernado Dacosta
Tras crear  o seu primeiro solo «métanse nos seus asuntos» coa colaboración e dirección de Ana Vallés, presenta este traballo de rúa: Desmemoriada.



DESMEMORIADA
“Cada día desperto e parte do vivido desapareceu.
Onte pensaba certezas que hoxe son dúbidas, mañá sentirei algo que borrará o sentido hoxe.
A parte están as pequenas cousas; o móvil, as gafas, pagar o recibo da luz, o seu cumpreaños…
Decido eu qué camiños neuronais tomar ou son eles os que me deciden a min?”

Creación e interpretación: Nuria Sotelo
Un solo de danza para rúa e espazos non convencionais


 MATÍAS DAPORTA
  Estuda danza clásica no Consevatorio de A Coruña e especialízase en Danza Contemporánea no Real Conservatorio de Madrid. Na actualidade estuda coreografía en Amsterdam na Universidade das Artes, SNDO.

Traballa como balarín coa Compañía Y de danza integrada de Londres, no proxecto Artes no Camiño en pezas coreografiadas por Jurij konjar e Carlota Perez e nas compañías LAN1 e CaraBdanza de Madrid entre outras. É un doscreadores do Proxecto Piloto (Madrid) e colaborador na Compañia Traspediante. Dende fai seis anos é coreógrafo e escenógrafo na compañía de teatro Caracol de Galicia.




“recén caído”

Houbo unha vez un home que, de supeto, perdeu a consciencía do corpo, non percataba cando as suas accións comezaban ou cando remataban...
Dabase de conta de que o seu corpo estaba en movemento porque nada o seu redor permanecía estático...
A modiño a imaxe das suas accións desapareceron e o reflexo non parecía maís que un espellismo ou un recordo fora do seu tempo e lugar...
Un día o seu corpo apareceu quedo, en silencio...
JOSHUA ROSS MCCAREY

Fórmase en interpretación e estudios de Lecoq no Institut del Teatre de Barcelona, no Centrum Comedia Dell’Arte de Amsterdam e a Escola de Teatro Físico de Londres con profesores como Berty Tovias, Juan C. Tajes e Ron East.  Licénciase en arte dramático en Emerson College, EEUU no ano 2002 e completa o curso de formación para actores da Escola Santart (Compostela) en 2006. Ademáis de traballar en varias compañías profesionais de teatro e danza tanto en EEUU como España, realiza o seu traballo de formador en centros como a Escola de Teatro Santart e a Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, entre outros concellos de Galicia impartindo cursos intensivos de creación escénica como na Mostra internacional de teatro cómico de Cangas. Actualmente traballa ensinando o inglés a través do teatro na Academia Theatrical.





LivingRoom

LivingRoom é unha peza de poesía que parte dende a soidade e fai migración cara un intercambio humano moderno no que priman a apertura, a flexibilidade e o descubrimento.  Emprega a danza e o teatro para enfiar as fronteiras entre o virtual e o real, indagando no contraste entre a imaxe pública e o íntimo. Analiza os abundantes medios que tanto nos conectan como nos atacan e nos illan. LivingRoom é unha chamada á intimidade e unha volta á pureza da escoita nun mundo corrompido por ruídos.