o festival

O I FESTIVAL DE DANZA E ARTES DO CORPO NA RÚA, traerá durante os días 19, 20 e 21 de Xullo, as artes do movemento e do corpo por primeira vez ás rúas da cidade de Ourense.

Cunha programación de tres días, que comezará sempre ás 20:30 horas na coñecida praza de Santa Eufemia, este festival nos fará percorrer a cidade polas distintas prazas e recunchos emblemáticos nas que os artistas, catro cada día, presentarán os seu traballos. Esta iniciativa xoga coas ideas de reinterpretación artística do espazo urbano -a través da adaptabilidade das pezas de danza ós distintos lugares-  e de fomento da súa utilización por parte do cidadano, que participa como espectador ou como intérprete.

As actuacións terán unha duración aproximada de 20 min e correrán a cargo de artistas internacionais e galegos, coa especial participación de compañías integradas por coreógrafas e bailarinas ourensanas.

Por otra banda, esta semana da danza, e a idea do festival, concívese como un espazo de residencia e encontro para os artistas participantes, facéndoo coincidir coa organización a cargo de Danesga (asociación de profesionais da danza de Galicia) do curso de creación da artista portuguesa Vera Montero.

Outro obxetivos fundamental do festival é achegar a danza profesional á nosa cidade saindo ó encontro do espectador e favorecendo actividades comunes a este colectivo artístico.

O festival está enmarcado dentro do programa xeral de actividades VeraneArte 2011.