miércoles, 13 de julio de 2011

Ourense sacará a danza ás rúas e prazas no seu primeiro festival

x. m. r./ourense / la voz/13/7/2011
A cidade de Ourense incorporará a vindeira semana unha nova oferta ao programa cultural que se desenvolve ao longo do ano na mesma. A danza non tiña un espazo definido, só actividades ou citas puntuais, e da man do colectivo Traspediante nace o primeiro Festival de Danza e Artes do Corpo na Rúa. Serán tres días de intensa actividade, do 19 ao 21, e en total son 14 os artistas ou colectivos que teñen confirmada a súa presenza polas diferentes rúas, prazas e espazos do casco histórico, lugar elexido polas organizadoras para que a danza se achegue aos ourensáns.
Marta Alonso e Begoña Cuquejo presentaron onte a primeira edición do festival, primeiro amosando parte dun dos espectáculos que se poderán ver no mesmo e logo falando do programa e dos obxectivos do certame nunha rolda de prensa celebrada no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Os grupos e artistas participantes no festival son La Incidente (Cuba), Pisando Ovos (Ourense), Begoña Cuquejo (Traspediante), Paulina Funes (Arxentina), Marta Alonso Tejada (Traspediante), Nuria Sotelo (Ourense), Matías Daporta (Galiza), Carlota Pérez e Julio César Iglesias (Cuba-Galiza), Joshua McCarey (Boston), Patricia Varela (Ourense), Maciek Sado (Polonia), Lusco e Fusco (Galiza) e Non-ou edicións (Galiza). Os espectáculos e actuacións comenzarán tódolos días ás 20.30 horas e en cada xornada haberá actuacións en catro espazos diferentes do casco histórico da cidade. Un dos obxectivos do proxecto é achegar a danza profesional ao cidadán.
Begoña Cuquejo e Alonso na presentación do festival.
Autor de la imagen: paula pérez

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario